Concello de Ortigueira
O municipio de Ortigueira afunde as súas orixes na Prehistoria, en concreto no período Megalítico, aínda que non é ata Idade Media cando atopamos o topónimo que da nome a esta vila, baixo a forma de Ortigaria, nunha relación de terras incluidas no condado da familia de Montenegro, pertencente á diócese de Lugo. A constitución como tal da vila de Ortigueira prodúcese no século XIII, cando Alfonso X concédelle o foro de Benavente. Nel disponse a construción dun porto e concédeselle unha feira anual. Máis tarde, no século XV, Ortigueira converteríase en condado baixo a tutela de Diogo Pérez de Sarmiento.
No século XIX, este municipio pasa a formar parte da provincia de A Coruña e dende o ano 1845, conta cun xulgado comarcal.
No pasado recente, en concreto no ano 1988, cinco parroquias pertencentes ao concello de Ortigueira (Cariño, Feás, Landoi, A Pedra e Sismundi) escindiranse, pasando a constituir o que hoxe se coñece como concello de Cariño.
Concello de Mañón
Do mesmo xeito que Ortigueira, o concello de Mañón afunde as súas orixes na Prehistoria, e proba disto son os numerosos túmulos megalíticos presentes nos seus montes, parellos ao Camiño dos Arrieiros. Tamén en excavacións arqueolóxicas realizadas na vila de Bares apareceron restos dun asentamento de época romana, atopándose varias moedas fenicias, tégulas romanas, ánforas e mesmo unha necrópole.
Nos albores da Historia, destaca fundamentalmente o porto de Bares, onde remata o Camiño e que serviría de punto de partida dos minerais extraídos no interior. Aparece citado por vez primeira no ano 916, nun documento do rei Ordoño II, quen concede o señoría da vila de Bares e un mosteiro sito na parroquia de Mogor, ao bispo de Mondoñedo, Sabarico II.
Existe unha tradición pola que o rei Alfonso IX indultou no século XII a presos e bandoleiros, e mandounos poboar á parroquia de Grañas do Sor de Mañón, que por aquel entón estaba deshabitada, dividíndoa en 3 cuadrillas: alta, media e baixa.
Outro documento que fala da exitencia do concello de Mañón está datado no século XIII, relativo á expansión do mosteiro de Meira, e do que se extrae a seguinte referencia: Realengum in terra de Sor et vocatur Sanctus Mames de Curru de Eguas.
Xa no século XIX, o concello de Mañón saltou ás primeiras páxinas dos xornais, co apreixamento do bandoleiro Toribio Mamed Casanova, nacido no lugar de Labrada, na parroquia de Grañas do Sor e que foi sentenzado a morte logo de ser acusado de matar á criada do cura. Posteriormente sería indultado pola intercesión da súa nai ante o rei Alfonso XIII, aproveitando a visita do monarca a Santiago de Compostela.
Concello de As Pontes de García Rodríguez
As primeiras referencias da existencia de comunidades humanas neste concello, datan do 6.000 a.C., no periodo Neolítico, no que se encadran as máis de 200 mámoas (túmulos prehistóricos) localizados no municipio, 80 das cales foron destruídas coa explotación da mina de carbón. En sucesivas escavacións arqueolóxicas realizadas foron localizados diferentes artefactos como puntas de frecha, mazas trilobuladas, así como fragmentos de cerámica campaniforme
correspondentes á Cultura Campaniforme. Algúns estudos sinalan que arredor do 6.000 e o 2.800 a.C. un importante asentamento humano poboaba o territorio.
Da Idade do Ferro o concello contaba con 7 castros, tres dos cales foron destruídos na explotación da mina de carbón. En escavacións realizadas nestes asentamentos apareceron varias diademas e broches de ouro.
No ano 1992 realizáronse unhas escavacións no núcleo urbán onde apareceron restos dunha vila romana, que dan fe da ocupación romana do territorio. Un dos elementos máis importantes desta época é a ponte romana que aínda se conserva sobre o río Chamoselo, así como as aras romanas do Portorroibo e Somede.
O primeiro texto que relata a existencia do “Concejo das Pontes” data do ano 1267. Cen anos máis tarde, Henrique II de Castela concédelle o señorío da vila de As Pontes ao cabaleiro García Rodríguez de Valcárcel, en pago por telo rescatado da cadea na que se atopaba logo da batalla de Nájera onde fora apreixado. Ao non ter descendencia a súa linaxe desapareceu cen anos máis tarde, pasando a pertencer o señorío á Casa de Lemos, deixando testemuña do seu paso pola vila en varias pontes construídas sobre o río Eume e que dan nome á vila, entre as que destaca a Ponte dos Ferros.