Concello de Ortigueira
Emprazado na parte septentrional da provincia de A Coruña, os seus límites administrativos son os lindeiros co concello de Mañón (Leste, Norleste e Surleste), co concello de Cariño (Norte), cos concellos de As Somozas e As Pontes de García Rodríguez (Sur), e cos concellos de Cedeira e Cerdido (Oeste). Cunha superficie de 209,60 quilómetros cadrados, é o concello máis poboado e extenso da Comarca do Ortegal. Consta de 22 parroquias: Barbos, Céltigos, Couzadoiro, Cuíña, Devesos, Espasante, Freires, Insua, Ladrido, Luama, Loiba, Luía, Mera de Baixo, Mera de Riba, Mosteiro, As Neves, O Ermo, San Clodio, San Salvador de Couzadoiro, Santa Marta, Senra e Veiga.
Concello de Mañón
Emprazado na parte leste do concello de Ortigueira, linda pola súa parte Sur co concello de As Pontes de García Rodríguez, ao Norleste co concello do Vicedo, ao Leste co concello de Ourol e ao Surleste co concello de Muras. É o concello máis septentrional da península ibérica e tamén o máis pequeno en extensión dos tres, cunha superficie de 82,21 quilómetros cadrados. Actualmente conta con 5 parroquias: Bares, Mogor, Ribeiras, Mañón e Grañas.
Concello de As Pontes de García Rodríguez
Está emprazado no sector nororiental da provincia de A Coruña. Ao Leste e Surleste testa cos concellos lucenses de Muras e Xermade, ao Suroeste co concello de Monfero, ao Oeste cos de A Capela, San Sadurniño e Somozas e ao Norte cos de Ortigueira e Mañón. Cunha superficie de 249,4 quilómetros cadrados , As Pontes é polo seu tamaño, o primeiro concello da provincia e o undécimo de Galicia. Compóñeno na actualidade 13 parroquias: As Pontes, O Aparral, O Deveso, O Freixo, Vilavella, Somede, A Faeira, Bermui, Espiñaredo, San Pedro de Eume, Ribadeume, Seoane e Goente.