Concello de Ortigueira – Poboación 5.804 (2018)

A base económica deste concello relaciónase coas súas áreas xeográficas diferenciadas, o mar e a montaña. Nas zonas rurais atopamos unha economía agraria tradicional en retroceso acompañada dun fenómeno de despoboamento, que está levando á poboación a concentrarse nas zonas costeiras do municipio e no entorno do núcleo urbano.

A actividade económica principal do concello, reside no sector primario, fundamentalmente a pesca, o aproveitamento forestal e a agricultura de autoconsumo e a gandeiría. O resto dos sectores económicos locais distribúense entre a construción, os servizos e a industria (materiais de construción).

Concello de Mañón – Poboación 1.363 (2018)

A maior densidade poboacional deste municipio dase na costa, na vila do Barqueiro. Se ben, a maior parte da poboación activa adícase ao sector primario, na zona de montaña principalmente a gandeiría e a agricultura, e na zona de costa a pesca e ao marisqueo.

A confraría de pescadores de O Barqueiro – Bares conta con 8 barcos adicados a pesca de arte menor e 15 mariscadoras, que fan marisqueo a pe, sendo a ostra e as
especies principais desta actividade extractiva.

Outro dos sectores destacados é o forestal, sobretodo na zona de montaña, onde se concentran a maior parte das plantacións de piñeiro e eucalipto.

A actividade industrial deste concello céntrase na extracción de cuarzo, mediante unha mina de ceo aberto xestionada polo grupo FerroAtlántica, que leva en activo
dende o ano 1963.

Concello de As Pontes de García Rodríguez – Poboación 10.237 (2018)

A economía local depende principalmente da industria, aínda que tamén conta con núcleos poboacionais adicados á agricultura e á gandeiría.

A principal industria do concello é a Central Térmica de ENDESA, que é a máis grande do territorio español cunha potencia de 1.400 megavatios. O complexo conta ademáis cunha cheminea de 356 metros de altura.

O carbón que abastecía a central térmica extraíase dunha mina a ceo aberto. Tralo peche da mina no ano 2008 comezouse un proceso de recheo do oco deixado, de máis de 5 quilómetros de lonxitude e cunha profundidade máxima de 206 metros. No 2012 rematou o proceso de enchido convertíndose nun dos maiores lagos artificiais de Europa.

Ademáis nos últimos anos levantouse unha central de ciclo combinado de gas de 800 megavatios de potencia e que xunto aos numerosos parques eólicos, fai do concello de As Pontes un dos lugares de maior produción enerxética do mundo.

Outro dos piares económicos do concello é a gandeiría que xunto coa industria de transformación, produce queixos e outros derivados. O aproveitamento forestal é tamén importante neste municipio, que fornece a industria madeireira e papeleira galega.

Este concello conta cunha vía de comunicación de alta capacidade, a autovía AG-64 que une as localidades de Ferrol e Vilalba.