a / SITUACIÓN

A traza do Camiño dos Arrieiros segundo os datos revelados polos traballos de Federico Maciñeira Pardo de Lama, atravesaría as parroquias de San Mamede e San Xoán do Freixo no concello de As Pontes; San Xiao de Loiba, San Xiao de Céltigos, San Salvador de Couzadoiro, San Cristobo de Couzadoiro, San Sebastián de Devesos e Santa María das Neves no concello de Ortigueira; San Mamede das Grañas do Sor, Santa María de Mañón, San Cristobo das Ribeiras do Sor e as de Santa María de Mogor, e Santa María de Bares, no concello de Mañón.

b / TITULARIEDADE

A maior parte dos terreos polos que pasaría o camiño, son  na actualidade de propiedade privada, estando pechados en moitos termos por valados e cancelas, que dificultan a identificación da traza orixinal e que supoñen a privatización dunha vía de titulariedade pública amparada pola lexislación vixente en materia de protección de camiños públicos.

c / USOS

As fincas nas que se atoparía a traza do camiño, están na súa maioría adicadas ao aproveitamento forestal e gandeiro, existindo tamén superposicións da traza orixinal con infraestruturas viais, tales como estradas, pistas forestais e pistas de acceso a parques eólicos.