8.1 Base de Datos Documental

a / CONSULTA DE BIBLIOGRAFÍA ESPECIALIZADA

Previo á realización de calquera tarefa realizouse unha consulta da bibliografía científica nos campos de coñecemento da historia, etnografía, documentación, arqueoloxía, arquitectura e paisaxismo de Galicia.

Nesta fase obtívose toda a información procedimental que se empregou nas fases sucesivas, co fin de obter a máxima calidade nos procedementos a realizar e que éstes atenderan a criterios normalizados de xestión documental.

As entradas bibliográficas consultadas preséntanse nunha relación ordeada alfabéticamente ao final do presente apartado.

b / DEFINICIÓN DA ESTRUTURA

A estrutura defínese segundo os tipos e características das unidades documentais:
• Artigo
• Informe
• Memoria
• Tese
• Libro
• Audio
• Video
• Lei
• Norma
• Plano
• Mapa
• Carta

c / ELABORACIÓN DO ESQUEMA DA BASE DE DATOS

Unha vez realizada a categorización das diferentes seccións e subseccións, realizouse o deseño da base de datos que debía servir para almacenar a información que dos elementos se derivaba, establecer relacións entre eles, e combinalos para obter estatísticas e cálculos numéricos que permitisen un amplo coñecemento da colección obxecto de estudo.

Os tipos de datos almacenados en cada campo son diversos, pero os máis comúns son de tipo numérico, textual e contedor. A vantaxe que ofrece o software empregado na elaboración da BDD fronte a outras aplicacións convencionais, é que permite relacionar imaxes con rexistros directamente na introdución dos datos, algo que a priori aforra moito traballo de gabinete no tratamento da información.

Nesta fase foron elaboradas tamén as listaxes de valores (área de título, área de serie, área de edición e tipo documental).

d / CREACIÓN DA TABOA DE REXISTRO

Integra as unidades documentais recompiladas logo da análise das fontes de información especializada.

Debido ás características formais de cada documento e a súa variabilidade tipolóxica optouse por crear diferentes campos de rexistro.

e / CREACIÓN DOS CAMPOS DESCRITIVOS

Debido a esta variabilidade en relación ás características formais de cada documento creáronse as seguintes áreas descritivas:

— Área de Título e Autor

Título e subtítulo

Recolle a información relativa ao título do documento en 2 campos habilitados para tal efecto e que son “Título” e “Subtítulo”. Algúns documentos poden ter un único título ou un título principal seguido dun subtítulo e/ou información complementaria sobre o título.

Ademais pódese dar o caso de que un mesmo documento presente dous títulos separados pola conxunción “o” polo que estaremos a falar de títulos alternativos.
Tamén é posible que un título apareza escrito en dúas ou máis linguas polo que estaremos a falar de títulos paralelos separados entre si polo signo “=”.

Noutra das variables podemos atopar varias obras dentro dun mesmo documento polo que os títulos de cada unha delas aparecerán separados polo signo “;”.

No caso de que existan varios subtítulos e/ou información complementaria sobre o título, éstes aparecerán transcritos no campo de “Subtítulo” en minúscula e separados polo signo “:”.

Autor

Recolle a información relativa á mención de responsabilidade do documento. Algúns documentos teñen unha autoría individual, nalgúns casos foron realizados por dúas ou máis persoas, e noutros casos o seu autor é un colectivo de persoas ou unha institución.

Danse tamén casos nos que é imposible determinar a autoría do documento, ben porque esta non conste no propio documento ou porque non esté clara. Tamén se pode dar o caso no que o documento fose realizado por unha persoa anónima.

O campo relativo ao nome do autor incorpora a información do seguinte xeito: “Primeiro apelido” “Segundo apelido” (,) “Nome”. No caso de colectivos de persoas ou institucións incorpórase a información directamente comezando polo primeiro termo da denominación.

— Área de Serie

Título da Publicación e Subtítulo da publicación de Serie Recolle a información relativa ao título da publicación, establecéndose 2 campos habilitados para tal efecto e que son “Título” e “Subtítulo” (da serie).

Nome de Serie e Número de serie

Recolle a información relativa á serie no caso de documentos que formen parte dunha colección de varias obras agrupadas por temáticas ou características que as definan colectivamente. Establécense 2 campos que son: “ Nome de Serie” e “Número de serie”.

ISSN International System Serial Number

É un número internacional que permite identificar de xeito único unha colección, evitando o traballo e posibles erros á hora de transcribir o título ou a información bibliográfica pertinente. Resérvase para as publicacións en serie como os diarios e as publicacións periódicas. O ISSN está constituido polos caracteres “ISSN” seguidos de dous grupos de catro cifras separados por guións (-).

— Área de Edición

Recolle a información relativa á mención de edición do documento en 3 campos habilitados para tal efecto e que son “Data”, “Lugar” e “Editorial”.

— Área de Material Anexo

Recolle o documento dixitalizado, no caso de que exista, en formato pdf.

— Área de Descrición

Número de rexistro

Recolle o código alfanumérico polo que se identifica o documento. Está formado polas iniciais “BDD” seguidas dun guión baixo “_” , DOC (Documental), seguidas por “_”, CA (Camiño dos Arrieiros), “_” e o número do elemento nun intervalo do “00001” ao “99999” (exemplo: BDD_DOC_CA_00000)

Tipo Documental

Segundo o tipo de documento clasifícanse en: artigo, informe, memoria, libro, audio, video, lei, norma, plano, mapa e carta.

Descrición física

Recolle a información relativa ao número de páxinas no documento e ás dimensións en cm. Exprésase “p. ; cm.” Nalgúns casos recóllese información adicional do tipo: ilustración “Il.” , láminas “lám”, grabados “grab.”, fotografías “fot.”, tomos “T.”, volúmes “v.”.

Localización

Recolle o lugar físico (biblioteca/arquivo) ou a dirección en liña do documento.

DL Depósito Legal

Número que ten por obxectivo facilitar ás Oficinas de Depósito Legal o seguemento das publicacións para conseguir reunir toda a produción editorial dun país. Ten como obxectivos principais a recopilación e preservación dunha colección estatal de materiais bibliográficos de todo tipo, a redacción e publicación da bibliografía nacional, o control estatístico da produción editorial e a constitución de coleccións bibliográficas rexionais ou locais.

O número de Depósito Legal está constituido polas siglas correspondentes a cada provincia ou localidade, o número de inscrición dado pola oficina que corresponda ao depósito, tendo en conta que ao rematar cada ano pecharase a numeración e iniciarase ao comezar o seguinte, e o ano de constitución do depósito en cifras arábigas.

ISBN International System Book Number

Identificador único para libros, previsto para uso comercial. Os libros editados ata 2007 posúen un ISBN composto por dez díxitos de lonxitude, e dividido en catro partes: o código do país ou a lingua de orixe, o editor, o número do artigo e un díxito de control. Estas partes teñen distintas lonxitudes e para mellorar a súa lexibilidade van separadas por guións (-). Debido á escaseza existente nalgunhas categorías do ISBN, a organización internacional de estándares adoptou
un ISBN de trece díxitos a partir do 1 de xaneiro de 2007.

Área de notas

Recolle información complementaria á dos campos descriptivos anteriormente relacionados.

No caso da base de datos documental, contén información adicional relacionada co documento coma por exemplo se contén bibliografía, outros autores, prólogo, director no caso dunha tese, periódico no que foi publicado, etc.

f / INTRODUCIÓN DOS DOCUMENTOS NA BASE DE DATOS

— Búsqueda e localización da bibliografía

A búsqueda bibliográfica realizouse mediante dúas vías: a búsqueda en liña nos repositorios especializados e a búsqueda presencial en arquivos e biliotecas.

No caso da búsqueda presencial, compre detallar o proceso:

1º. Búsqueda no catálogo en liña de cada biblioteca, seleccionando os exemplares de interese para a súa consulta.
2º. Visita á biblioteca para revisión dos exemplares seleccionados.
3º. No caso dos exemplares que foron dixitalizados, leváronse en préstamo.

Nalgúns casos, houbo exemplares que pertencían a fondos ou coleccións non prestables, por ese motivo traballouse dende as bibliotecas na súa consulta e dixitalización.

O fondo local da Biblioteca Fernández Latorre de Ortigueira é o que máis documentos posúe, xa que aglutina os fondos locais dos concellos da Comarca do Ortegal: Cariño, Ortigueira e Mañón. Nesta biblioteca traballouse in situ durante 4 xornadas.

Na Biblioteca Municipal de As Pontes consultáronse entre outros documentos as revistas das festas. Estos documentos son non prestables polo que se traballou na lectura e dixitalización dende a biblioteca. O traballo durou 2 xornadas.

No caso das búsquedas en liña nos diversos repositorios, empregáronse diversos termos de búsqueda en diferentes buscadores para levar a cabo o proceso de selección:

Xeográficos

• “Ortegal”
•“Comarca del Ortegal”
•“Ortigueira”
• “Mañón”
• “As Pontes”
• “Puentes de García Rodríguez”
• “Serra da Faladoira”
• “Serra da Faladora”
• “Cabo Ortegal”
• “Estaca de Bares”
• “Bares”
• “Coriscada”
• “San Andrés de Teixido”
• “Caxado”

Arqueolóxicos

• “Arqueoloxía galega”
• “Arqueología gallega”
• “Arqueoloxía subacuática”
• “Megalitismo Galicia”
• “Mámoas”
• “Monumentos tumulares ”
• “Túmulos”
• “Castros”
• “Círculos líticos”
• “Sondeos arqueológicos”

Outros

• “Camiño dos Arrieiros”
• “Camino de los Arrieros”
• “Caminos prerromanos”
• “Caminos medievales”
• “Caminos históricos Galicia”
• “Maciñeira”
• “Maciñeira y Pardo de Lama, Federico”
• “Bascoy Pérez, Ramón”
• “Eldefreda”
• “Prehistoria Galicia”
• “Galicia medieval”
• “Edad Media en Galicia”
• “Toponimia galega”
• “Topónimos galegos”
• “Flora e fauna”
• “Observación aves Ortegal”
• “Paisaxe Ortegal
• “Unidades paisajísticas”
• “Xeoloxía”
• “Lendas, cantigas e crenzas”

— Lectura dos contidos

Unha vez localizados os documentos, realizouse unha lectura rápida de cada un deles para comprobar a súa adecuación ao interese do inventario documental.

Este proceso prolongouse durante varias xornadas debido o extenso número de documentos.

— Introducción dos campos descritivos

Finalizado o proceso de selección, introducíronse as unidades documentais seguindo as Regras de Catalogación do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte de 1995.

— Dixitalización e vinculación do pdf

Unha vez cumprimentada a información dos campos descritivos procedeuse a realizar a dixitalización e conversión en formato pdf dos documentos, así como a súa vinculación coa base de datos. En total o volumen de páxinas dixitalizadas superou as 2.500.

g / ESTATÍSTICAS

h / FONTES DE INFORMACIÓN EMPREGADAS NO INVENTARIO

— Fontes de información especializada en liña

Biblioteca Nacional de España:
http://www.bne.es/es/Catalogos/

Biblioteca Dixital de Galicia:
https://biblioteca.galiciana.gal/gl/inicio/inicio.do

Biblioteca Universidade de Santiago de Compostela:
http://iacobus.usc.es

Red de Bibliotecas Públicas de Galicia:
https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal

Biblioteca UNED, Revistas:
http://revistas.uned.es

Red de Bibliotecas y Archivos CSIC:
http://bibliotecas.csic.es

Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes:
http://www.cervantesvirtual.com

Biblioteca da Real Academia Galega:
https://academia.gal/biblioteca-catalogo

Boletín da Real Academia Galega (BRAG):
https://academia.gal/boletins-web/inicio.do?current_page=1

Dialnet, Universidad de La Rioja:
https://dialnet.unirioja.es

Repositorio Institucional de la UNED:
http://e-spacio.uned.es/fez/

Editorial UCA. Área de Blioteca, Archivo y Publicaciones de la Universidad de Cádiz:
https://revistas.uca.es/index.php/rampas/article/view/1354

E-prints Complutense, Repositorio Institucional de la Universidad Complutense de Madrid:
https://eprints.ucm.es/informar.html

DIGIBUG: Repositorio Institucional de la Universidad de Granada:
http://digibug.ugr.es

— Fontes de información especializada físicas

Biblioteca Municipal de Ferrol
Biblioteca Casa do Patín. USC. Ferrol
Biblioteca Pública Municipal de As Pontes de García Rodríguez. Fondo Local
Biblioteca Pública Municipal Juan Fernández Latorre de Ortigueira. Fondo Local
Hemeroteca do xornal La Voz de Galicia

— Mapas, planos e cartas

Minerva. Repositorio Institucional da USC: https://minerva.usc.es/xmlui/
Instituto Geográfico Nacional.
Cartoteca: https://www.ign.es/web/catalogo-cartoteca/apibadasid/cartoteca/searchbyObraMadre/9573#webEIEL.
Cartoteca da Deputación da Coruña. https://webeiel.dacoruna.gal/es/
Plan de Ordenación do Litoral da Xunta de Galicia:
http://www.xunta.es/litoral/

— Leis

Boletín Oficial del Estado: https://www.boe.es
Diario Oficial de Galicia: https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia/portalPublicoHome.do?fecha=20190429&ruta=%2Fsrv%2Fwww%2Fdoga%2FPublicados%2F2019%-2F20190429%2FIndice81_gl.html

— Recursos electrónicos

Google: https://www.google.es
Youtube: https://www.youtube.com/?gl=ES&hl=es
ISSUU: https://issuu.com

— Localizacións

Biblioteca Universidade de Santiago de Compostela: 27 libros, 2 memorias, 4 teses, 22 artigos
Biblioteca da Real Academia Galega: 1 libro, 1 artigo Red de Bibliotecas y Archivos CSIC: 2 artigos
Biblioteca Pública Municipal Juan Fernández Latorre de Ortigueira: 9 libros, 35 artigos
Biblioteca Pública Municipal de As Pontes de García Rodríguez:2 libros, 26 artigos
Biblioteca Municipal de Ferrol: 2 libros, 2 artigos
Hemeroteca do xornal La Voz de Galicia: 91 artigos
Biblioteca UNED, Revistas: 3 artigos
Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes: 2 artigos
ISSUU: 2 artigos
E-prints Complutense: 2 teses
DIGIBUG: 1 tese
Editorial UCA: 1 artigo
Dialnet, Universidad de La Rioja: 1 artigo

8.2 Base de Datos Inventario

a / CONSULTA DE BIBLIOGRAFÍA ESPECIALIZADA
Previo á realización de calquera tarefa realizouse unha consulta da bibliografía científica nos campos de coñecemento da historia, etnografía, arqueoloxía, paisaxismo e arquitectura galegas.

Nesta fase obtívose toda a información procedimental que se empregou nas fases sucesivas, co fin de obter a máxima calidade nos procedementos a realizar e que éstes atenderan a criterios normalizados de xestión documental.

b / DEFINICIÓN DA ESTRUTURA
En base á traza proposta inicialmente nos traballos de Federico Maciñeira Pardo de Lama, estableceuse un ámbito de prospección de 500 metros ás marxes leste e oeste, cunha zona de ampliación doutros 500 metros, resultando unha zona de 1.000 metros para cada marxe.

A maiores, no caso de concentracións tumulares e outros xácigos de interese fóra desta zona, ampliouse este marxe nalgúns casos a 2.000 metros.

Tivéronse en conta os núcleos de poboación próximos a esta delimitación co fin de integrar conxuntos arquitectónicos e etnográficos neste inventario e posibilitar a súa inclusión futura nun plan de posta en valor do Camiño dos Arrieiros.

Este criterio atende a un interese social, dado que, o camiño en sí non funcionou como un elemento aillado, senón ao longo do tempo serviu coma un auténtico elemento vertebrador do territorio, como vía de comunicación non só entre zonas afastadas entre sí, senón tamén entre as vilas e os lugares adxacentes ao camiño.

c / ELABORACIÓN DO ESQUEMA DA BASE DE DATOS
Unha vez realizada a categorización das diferentes seccións e subseccións, realizouse o deseño da base de datos que debía servir para almacenar a información que dos elementos se derivaba, establecer relacións entre eles, e combinalos para obter estatísticas e cálculos numéricos que permitisen un amplo coñecemento dos bens patrimoniais obxecto de estudo.

d / CREACIÓN DAS TÁBOAS DE REXISTRO
Integra os elementos culturais dos concellos de referencia (arqueolóxicos, arquitectónicos, etnográficos e monumentais).

Debido ás características formais e físicas de cada documento e a súa variabilidade tipolóxica optouse por crear diferentes campos de rexistro.

e / CREACIÓN DOS CAMPOS DESCRITIVOS
Debido á variabilidade en relación ás características físicas e formais de cada elemento establecéronse as seguintes áreas descritivas:

— Área de Identificación

Código de Inventario
Numeración recollida do Inventario do Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia.

Denominación
Nome do elemento, recollido do Inventario do Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia.

— Área de localización

Lugar
Referencia a información relativa ao espazo xeográfico dentro dunha parroquia ao que pertence o elemento. Incorpórase a información directamente comezando polo primeiro termo da denominación.

Parroquia
Recolle a información relativa ao espazo xeográfico dentro dun concello ao que pertence o elemento. Incorpórase a información directamente comezando polo primeiro termo da denominación.

Concello
Recolle a información relativa ao espazo xeográfico dentro dunha provincia ao que pertence o elemento. Incorpórase a información directamente comezando polo primeiro termo da denominación.

Coordenadas UTM
Recolle en 2 campos as coordenadas naS que se sitúa o elemento, empregando o sistema de coordenadas xeográficas UTM (Universal Transverse Mercator).

— Área de Material Anexo

Recolle as fotografías tomadas en campo de cada elemento, que na súa maioría están referenciadas mediante xalón arqueolóxico con bandas de 10 cm.

— Área de descrición

Número de rexistro

Recolle o código alfanumérico polo que se identifica o elemento. Está formado polas iniciais “BDD” seguidas dun guión baixo “_” , INV (Inventario), seguidas por “_”, CA (Camiño dos Arrieiros), “_” e o número do elemento nun intervalo do “00001” ao “99999” (Exemplo: BDD_INV_CA_00000).

Tipoloxía

Recolle a clasificación de cada elemento segundo a súa tipoloxía, podendo ser: arquitectónico, arqueolóxico, etnográfico, artístico e monumento.

— Área de notas
Na base de datos Inventario, as notas sirven para engadir data de construción, se consta ou non no PBA Plan Básico Autonómico, se foi localizado o elemento ou non, se está destruído e a causa da súa destrución, así como outra información relativa ao proceso de identificación do elemento.

f / INTRODUCIÓN DOS ELEMENTOS NA BASE DE DATOS E FONTES DE INFORMACIÓN EMPREGADAS

— Búsqueda e localización dos elementos culturais e naturais

Para a identificación dos elementos que integran a base da datos empregáronse as seguintes fontes de información especializada:

PBA Plan Básico Autonómico de Galicia
Artellado pola Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio ao abeiro do disposto nos artigos 49 e 50 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e 90 e seguintes do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, este instrumento de planeamento urbanístico vén a complementar o novo marco urbanístico co que o goberno da Xunta pretende impulsar unha ordenación responsable e sostible do territorio, co propósito de garantir un territorio ordenado.

O PBA constitúe unha ferramenta dinámica que resulta indispensable para plasmar sobre o territorio a complexa realidade da normativa sectorial e dos instrumentos de ordenación do territorio, así como a identificación dos asentamentos de poboación existentes: permite dispoñer de toda a información relevante dende o punto de vista territorial, actualizada e de acceso universal, en todo o ámbito da nosa Comunidade Autónoma.

Asemade, constitúe o paso intermedio imprescindible para a elaboración dos plans básicos municipais para os concellos de menos de 5.000 habitantes que non contan con planeamento urbanístico, dando así cumprida resposta á necesidade de dotar dunha ordenación básica á totalidade dos concellos de Galicia, co fin de que adquiran plena seguridade xurídica nas accións sobre o territorio.

No que atinxe ao alcance das súas determinacións, o PBA é de aplicación nos concellos que carecen de planeamento xeral e ten carácter complementario do planeamento municipal naqueles concellos que dispoñan del, para suplir as posibles indeterminacións e lagoas do planeamento municipal vixente.

O PBA substitúe ás Normas complementarias e subsidiarias de planeamento provinciais aprobadas no ano 1991.

Fichas do Inventario do Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia, para os concellos de Ortigueira, Mañón e As Pontes de García Rodríguez

Artellado pola Consellería de Cultura da Xunta de Galicia, disposto no artigo 30 da Lei 5/2016, do Patrimonio Cultural de Galicia, contén os bens inmobles que se recollen individualmente singularizados nos instrumentos de planeamento urbanístico e ordenación do territorio.

Contén toda a información relativa aos bens patrimoniais catalogados, nas seguintes áreas descritivas: clave de identificación (exemplo: GA15061001 = GA – Comunidade Autónoma, 15 – Provincia, 061 – Concello, 001 – Número de xácigo), mes e ano no que foi inventariado o xácigo, nome do xácigo, localización (lugar, parroquia, concello e provincia), coordenadas UTM, coordenadas xeográficas, referencia cartográfica, datos históricos (adscrición cultural e
adscrición tipolóxica), datos patrimoniais (grao de alteración e causa de alteración), nome e razón social do titular do terreo onde se ubica o xácigo, figuras de protección e datas de publicación, plano de situación, fotografía e bibliografía.

Normas Subsidiarias do Planeamento Provincial de A Coruña
Son instrumentos de planeamento xeral “alternativos” aos Plans Xerais de Ordenación Municipal, cun contido mínimo que permite a aprobación do planeamento de desenvolvemento. A súa función, como o seu propio nome indica, é o de completar o Plan Xeral ou substituilo, isto é, servir como norma urbanística aplicable naqueles municipios que non conten con Plan Xeral de Ordenación Urbanística ou Municipal en vigor. A súa definición pode extraerse dos
artigos 70 e 71 do Real Decreto 1346/1976 do 9 de abril, e como instrumento chamado a extinguirse, a maior parte dos ordenamentos urbanísticos fan referencia ao mesmo en relación con rexímenes transitorios.

Plan Xeral de Ordenamento Municipal do Concello de Mañón

Articúlase antendendo ao artigo 61 da Lei 9/2002 do 30 de decembro, de Ordenación Urbanística e Protección do Medio Rural de Galicia, e as súas posteriores modificacións.

Vén a substituir a ordenación urbanística derivada das Normas Subsidiarias do Planeamento Provincial, aprobadas pola Comisión Provincial de Urbanismo de A Coruña, o 16 de xuño de 1978, e as súas posteriores modificacións.

Constitúen o marco regulador no que que se inscribe toda a actividade urbanística e planificadora do territorio, e introducen novos trocos importantes na forma de entender a territorialización das actividades económicas e a súa ordenación integrada con carácter urbanístico.

O documento empregado na realización do inventario patrimonial, presente no Plan Xeral de Ordenamento Municipal do Concello de Mañón, foi o contido no Tomo 1, Documento 3 con denominación Catálogo (arqueolóxico, etnográfico, arquitectónico e monumental).

g / IDENTIFICACIÓN DO ESTADO DE CONSERVACIÓN DOS ELEMENTOS E TRABALLO FOTOGRÁFICO DE CAMPO

Cada un dos elementos rexistrados na base de datos do inventario foi debidamente localizado na súa ubicación actual, comprobando o seu estado actual de conservación e tomando fotografías in situ dos mesmos, a fin de documentalos gráficamente, traballo que levou a realizar máis de 2.500 instantáneas das que foron procesadas máis de 600 fotografías, que integran a base de datos actual.

Os elementos arqueolóxicos, foron referenciados mediante xalón arqueolóxico, á hora de tomar as instantáneas dos mesmos, sempre e cando o estado do terreo así o permitiu.

Naqueles elementos nos que non foi posible o acceso aos terreos do seu emprazamento, debido ao estado da vexetación arbustiva, peches de fincas que dificultaban o acceso, ou plantacións forestais que limitaban a realización do traballo fotográfico; realizouse unha búsqueda nas fontes de información de referencia a fin de obter unha imaxe dos elementos para incluir na base de datos, especificándose esta situación na área correspondente de notas.

h / ESTATÍSTICAS

8.3 Base de Datos Entrevistas

a / PROCESO DE SELECCIÓN ENTREVISTADOS/AS

En primeiro lugar realizouse unha categorización das características que debían reunir as persoas obxecto do estudo etnográfico, e que son as seguintes:

• Vivir preto do lugar de prospección, alomenos durante máis de 25 anos.
• Ter máis de 70 anos de idade no momento da entrevista (agás no caso de Miguel Vilaboy Ramil, do lugar da Rega da parroquia do Freixo, concello das Pontes, de 56 anos de idade, que polo interese da información que aportou foi considerado, incluilo neste traballo).
• Ter unha persoa de enlace entre o/a entrevistado/a e o equipo de traballo, que facilitase a entrevista e crease un clima de seguridade e confianza, propicio para a realización da mesma.

b / CONTACTO CON PERSOAS ENLACE
En base aos contactos dos membros de equipo de traballo, nos concellos de prospección, fóronse seleccionando posibles candidatos/as para a realización das entrevistas e acordáronse as datas, horas e lugares máis favorables para as persoas entrevistadas.

c / PROCEDEMENTO DE REALIZACIÓN DAS ENTREVISTAS
— Deseño de guión da entrevista Realizouse un guión da información que sería de interese de cara a súa vinculación na base de datos, establecendo as seguintes categorías:

DATOS DO ENTREVISTADO: Concello, Parroquia, Lugar, Sexo, Idade
CAMIÑO DOS ARRIEIROS: Denominacións do camiño, trazado, datación, outros camiños, tradición oral sobre o camiño, folclore relacionado co camiño.
A FIGURA DO ARRIEIRO: Oficio de arrieiro, ruta que facían, medios de transporte, tipo de mercadorías, tradición oral sobre os arrieiros, folclore relacionado co oficio de arrieiro.
TÚMULOS: Denominacións, localizacións, a figura dos mouros, tradición oral e folclore sobre os mouros. CRUCES E CRISTOS: Localizacións, uso, datacións, tradición oral e folclore sobre as cruces.
CASTROS E CASTELOS: Localizacións, uso, datacións, tradición oral e folclore sobre os castros.
ERMIDAS E IGREXAS: Localizacións, advocacións, tradición oral e folclore sobre as ermidas, igrexas e santos/as.

— Preparación de folla de cesión de dereitos de reprodución do audio e cumprimento da Lei de Protección de Datos.
Cumprimentáronse en cada unha das entrevistas, cos datos dos/as entrevistados/as, co nome e apelidos, DNI, data e sinatura.

— Grabación da entrevista
Previa autorización do/a entrevistado/a, realizouse o rexistro dixital da entrevista mediante grabación con iPad do audio e posterior tratamento e vinculación coa base de datos en formato .mp4

— Establecemento de citas para visitas de campo de lugares de interese.
Nalgúns casos nos que durante as entrevistas xurdiron localizacións de elementos que non foran incluidos previamente na base de datos, realizáronse visitas de campo acompañados polos entrevistados, sobretodo no caso de cruces/cristos emprazados en fincas privadas de difícil localización e acceso, así como fontes ou camiños.

— Transcrición das entrevistas
As entrevistas foron transcritas co fin de facilitar o acceso á información e o seu posterior tratamento documental, indicando os Time Code (TC), dos elementos de interese de cada unha delas.

— Introdución da información na base de datos
A información contida nas entrevistas así como a información relativa ao entrevistado foi introducida na base de datos coa vinculación da transcrición e o audio.